luns, 17 de setembro de 2018

3º ESO Expresión Plástica

Nesta primeira avaliación imos traballar a expresión plástica: proceso creativo, a imaxe como representación da realidade, o bosquexo, a natureza, temperatura e simbolismo da cor e materiais e técnicas de debuxo e pintura.

Aquí tedes un enlace no que ler como se leva a cabo o proceso creativo:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmos/system/files/proceso%20creativo%20para%2031%20eso.pdf
A continuación faremos uns exercicios para aprender a mellorar a nosa creatividade como:

O CADÁVER EXQUISITO,  e outras técnicas surrealistas.

http://masdearte.com/especiales/ser-papel-o-ser-moderno-tecnicas-contemporaneas-de-dibujo/
e
 http://susanaplastica2012.blogspot.com/2012/05/exposicion-2012.html

AQUÍ TEDES OS VOSOS TRABALLOS:
3ºESO B






3ºESOA









Déixovos dous enlaces con vídeos para fomentar a creatividade: https://youtu.be/itulf1nFC_w
https://youtu.be/QX4-YuqRnzI  e  https://youtu.be/bpefOMTvXis

Despois de visionar os videos cada un elexiu a técnica que máis lle gustou, e éste  o resultado:

3º ESO A










3º ESO B















Destaco este traballo. Observade os detalles:
















Seguimos traballando este tema e agora imos fixarmos nesta web:
http://www.lanubeartistica.es/dibujo_artistico_1/tema%203%20de%20verdad/index.html

https://www.slideshare.net/pepepardo/el-color-3-eso

Aprendemos a encaixar e imitamos ó artista belga Ben Heine:


















sábado, 15 de setembro de 2018

O punto

1º de ESO
IMOS TABALLAR O PUNTO
https://www.slideshare.net/luciaag/el-punto-1-eso
http://1ieslaoliva.blogspot.com/2017/05/lamina-1-el-punto.html

Empezamos facendo un peixe a puntos e cada alumn@ ten que inventar un fondo para o peixe. Aquí temos o resultado:
Lucía Vilar de 1º ESO A

 Fran Lebón de 1º ESO A

 Lucía Fernández de 1º ESO A
Carla López Celeiro 1º ESO A


SEGUIMOS A TRABALLAR O PUNTO.
A partir dos símbolos creados polos aboríxenes australianos.
Buscamos unha palabra que nos emocione e... creamos o noso propio símbolo.
Unha vez creado integrámolo nunha lámina A-3 ó xeito de como o fan os aborígenes australianos.

Lucía Vilar López. 1º ESO A






Lúa López Cabada. 1º ESO A




Lucía Fernández López. 1º ESO A




Candela Fernández López. 1º ESO A






Fran Lebón. 1º ESO A





Aitana Valcárcel. 1º ESO A


Lía Casal de 1º ESO A




Tamén fixemos fundas para os móbiles con puntos, mirade que chulada! Son de Candela, Lucía Vilar e Aroa.







mércores, 2 de maio de 2018

martes, 9 de xaneiro de 2018

1000 grúas pola paz

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nas aulas de Plástica queremos conmemorar este día recordando a historia de Sadako Sasaki e as mil grúas de papel, a historia das MIL GRÚAS POLA PAZ.


Sadako Sasaki
Sadako Sasaki (佐々木 禎子) foi unha nena xaponesa que tiña dous anos cando caeu a bomba atómica preto da súa casa en Hiroxima o 6 de agosto de 1945. Moitos dos seus veciños morreron, pero os seus pais e a meniña sobreviviron. Sadako medrou como unha rapaza saudable ata que en novembro de 1954 comezou a amosar síntomas de leucemia. Foi hospitalizada en 1955 e os médicos déronlle poucos meses de vida. Daquela xa se sabía que a causa fora a exposición á radiación.

A súa mellor amiga foina ver ao hospital e fíxolle unha grúa de
papel, pois existe unha lenda tradicional xaponesa que promete que os deuses concederán un desexo a calquera que realice mil grúas de papel. A rapaza púxose a facer centos delas, co desexo de sandar da súa enfermidade. Parece ser que só puido completar unhas seiscentas, pois a morte presentóuselle uns meses despois. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as 1000 grúas coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e se conseguise a paz no mundo.

En 1958 os nenos e nenas da cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua para honrar a súa memoria e a de todas as crianzas que morreran polos efectos da bomba atómica. Na estatua aparece unha grúa e ó seu pé lese: "Este é o noso berro. Esta é a nosa pregaria. Paz no mundo.” Cada ano, no Día da Paz, chegan miles de grúas de papel a Hiroshima dende todos os lugares do planeta. Os nenos da cidade colgan as grúas no monumento de Sadako, coa esperanza de transmitir esta mensaxe a todo o mundo.



Por que grúas?
Para os xaponeses a grúa é o símbolo da paz, igual ca para nós o é a pomba branca.





Que é o origami?
É parte integral da cultura xaponesa dende hai máis de 1.000 anos. A súa técnica baséase no pregado de papel para crear figuras, arte que tamén se coñece como papiroflexia.


A seguir déixovos uns vídeos ilustrativos que relatan a historia de Sadako e mais explican como facer estas figuriñas de origami. Con elas decoraremos a nosa aula. 


Conseguiremos chegar ata 1.000? A por elas!!!








BO NADAL 23! vos desexa o alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO

 Traballos de STOP MOTION realizados polo alumnado de Expresión artística de 4º de ESO.