xoves, 30 de novembro de 2017

Non ás ataduras!!

Benquerid@s blogueir@s!
Todos e todas temos que facernos oír contra a violencia de xénero. E nas clases de plástica tamén o imos ter presente, non só o 25 de novembro, senón tódolos días do ano.
Nese sentido vai o noso novo traballo. Todo comezou cando atopei na rede esta imaxe:



Pensei entón en facermos unhas marionetas ou monicreques que representen mulleres atadas e privadas de liberdade; porque precisamente é o que temos que evitar. A muller debe ser libre e non estar controlada pola súa parella de ningún xeito.

Cando teñamos as nosas bonecas, cortarémoslles os fíos simbolizando esa demanda de liberdade que queremos para todas as mulleres do mundo. Traede as vosas tesoiras!! Pola igualdade!!

Tedes aquí un vídeo para inspirarvos. E estoutro tamén ten ideas curiosas.

Traballo voluntario: animais feitos de follas secas

Aquí vos deixo información sobre outro traballo voluntario deste trimestre: ides crear uns animaliños feitos con follas das árbores. Xa sei que agora comeza a perderse a follaxe por mor da chuvia e do mal tempo, pero se fostes rápidos e veloces, seguro que xa as recollestes nas semanas anteriores. 

Velaquí algunhas das imaxes que atopei pola rede e que vos poden servir de inspiración; aínda que poñede toda a vosa imaxinación e creade os animais que máis vos gusten ao voso xeito. 


























Moitas máis ideas en:
https://www.pinterest.es/

mércores, 8 de novembro de 2017

As texturas


Olla atentamente a seguinte presentación sobre as TEXTURAS:
5.TEXTURAS by Ana Acuña on Scribd


Outro vídeo, por se hai dúbidas:



Xa tes todo claro? Pois agora, a traballar!


Imos poñer en práctica o aprendido sobre as texturas a través da técnica da colaxe ou collage, que é unha técnica artística baseada en ensamblar diferentes elementos nun todo unificado. O termo provén do francés coller, que significa pegar. Aplícase fundamentamente á pintura, pero por extensión pode referirse a calquera outra manifestación artística, como a música, o cine, a literatura ou a videocreación.



Botádelle un ollo a estes vídeos que explican a técnica da colaxe:












Pois agora tócavos a vós facer a vosa primeira colaxe. 

Precisaredes os seguintes materiais:

- unha lámina de debuxo.
- papeis con diferentes texturas (podedes empregar revistas vellas, cartóns, envases, etc.)
- tesoiras
- pegamento
- un lapis
- MOITA IMAXINACIÓN

Exemplos de ilustracións con texturas, para que vos inspiredes:




Aquí tedes unha curta de animación que rende homenaxe a Jackson Pollock, xenial artista plástico que traballou as texturas dun xeito moi orixinal:









BO NADAL 23! vos desexa o alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO

 Traballos de STOP MOTION realizados polo alumnado de Expresión artística de 4º de ESO.